Pasei tardes de chuvia e vento, de mar rizado, de treboada, de ondas que
chegaban ata a casa tecendo e pensando na cálida lá, e así saiu este
mostrario. As posibilidades son as que queirades, só tedes que elixir.
Douvos a benvida a esta experiencia de "mar e vento", que nace entre as ondas de Riazor e os ventos de Labañou, e só pretende compartir experiencias, creativas, vitais e lúdicas entre todas e todos nós.
luns, 3 de febreiro de 2014
mércores, 15 de xaneiro de 2014
Cookies de chocolate
Estas son as miñas cookies. Ricas, ricas!Feitas con fariña de trigo e avea peneiradas, azucre moreno e boliñas de chocolate son ideais para unha dieta de pracer e bon gusto.
Se queredes gozar delas, podedes pedilas a través do correo electrónico: tcotrofe@gmail.com
Se preferides pasar un bo rato cocinando, aquí tedes a receita:
Nun bol cremar 200 g. de manteiga con outros tantos de azucre branco e moreno, engadir dous ovos, un a aun, mesturando ben. De seguido engadimos 300 g. de fariña, 1/2 cullerada de sal, unha de bicarbonato, unha de vainilla e outra de levadura en po. Mesturamos e incorporamos 200 g, de avea e os anacos de chocolate.
Finalmente, formamos boliñas que colocaremos nunha bandexa con papel de forno, procurando deixar un espazo entre elas.
Enfornar a 190º durante 10´ou 15´, até que estean algo douradas e...
Bon proveito!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



