No meu curruncho, tecendo e pensando na primavera, que hai que esperar ata o verán, decidín rematar os traballos de inverno con esta mostra! Espero que vos guste! As posibilidades son todas as que desexedes, xa o sabedes!Douvos a benvida a esta experiencia de "mar e vento", que nace entre as ondas de Riazor e os ventos de Labañou, e só pretende compartir experiencias, creativas, vitais e lúdicas entre todas e todos nós.
luns, 31 de marzo de 2014
domingo, 2 de marzo de 2014
Queredes saber cales son os ingredientes para facer estas riquísimas orellas?
Tomade nota:
Un kilo de fariña
6 ovos
Unha pizca de levadura
A ralladura dun limón
Un bó chorrete de anis ( mellor que esencia, ainda que se pode facer ó gusto)
Un pouco de aceite de oliva
Azucre
Sal
Manteiga
Mezclade todos estes ingredientes e amasade a conciencia, quero decir que a masa debe estar ben traballada, se queredes conseguir un bó resultado.
De seguido, facede pequena bolas, para que así as orellas sexan dun tamaño semellante.
Estirade cada unha delas tanto como poidades, canto máis finas as consigades facer mellor.
Fritir en abundante aceite, escorrer o esceso de graxa e espolvorear con azucre moi fino (glass).
.
luns, 3 de febreiro de 2014
mércores, 15 de xaneiro de 2014
Cookies de chocolate
Estas son as miñas cookies. Ricas, ricas!Feitas con fariña de trigo e avea peneiradas, azucre moreno e boliñas de chocolate son ideais para unha dieta de pracer e bon gusto.
Se queredes gozar delas, podedes pedilas a través do correo electrónico: tcotrofe@gmail.com
Se preferides pasar un bo rato cocinando, aquí tedes a receita:
Nun bol cremar 200 g. de manteiga con outros tantos de azucre branco e moreno, engadir dous ovos, un a aun, mesturando ben. De seguido engadimos 300 g. de fariña, 1/2 cullerada de sal, unha de bicarbonato, unha de vainilla e outra de levadura en po. Mesturamos e incorporamos 200 g, de avea e os anacos de chocolate.
Finalmente, formamos boliñas que colocaremos nunha bandexa con papel de forno, procurando deixar un espazo entre elas.
Enfornar a 190º durante 10´ou 15´, até que estean algo douradas e...
Bon proveito!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






