luns, 14 de setembro de 2015

Puré de patacas



PURÉ DE PATACAS


Un rico e sinxelo puré de patacas, que pode servir de acompañamento a un piexe, a unha carne ou mesmo a uns ovos.


Ingredientes

Cinco patacas medianas.
Aceite de oliva.
Sal.
Noz moscada.
Nata.



PREPARACIÓN


Pelamos e cortámolas patacas. Canto máis finas as cortemos, menos tempo de cocción .
Poñémolas a ferver, e salámolas.
Cando estéan cocidas, esmagámolas e engadimoslles o aceite, a noz moscada e a nata. Pódeselle poñer leite, pero a nata dalle un punto moi agradable.
Como vedes é unha receita moi, moi doada.













xoves, 10 de setembro de 2015

Arroz ó forno

Arroz con verduras ó forno

   INGREDIENTES

2 vasos de arroz.
2 puerros grandes.
4 zenorias .
150 gr de tirabeques.
150 gr de chícharos.
1 cebola mediana.
2 dentes de allo.
Sal.
Aceite.
Orego
Tomilo
Cúrcuma.
Caldo de verduras


PREPARACIÓN


Sofritimos a cebola cortada en xuliana, e a continuación incorporamos o allo laminado.
Unha vez peladas as zenorias, cortámolas. Se queremos, podemos laminalas co mesmo pelador.
Engadimolos puerros troceados, e sofritimos todalas verduras.
Poñemos o arroz e deixamos que se torre un pouco.
De seguido, engadimolos chicharos e os tirabeques, e,  unha vez todo mesturado,cubrimos co caldo de verduras.
Poñemos sal e cúrcuma, e deixamos que rompa a ferver.
Dez minutos antes de que o araoz estéa a punto, metemolo no forno(previamente quente) e deixamos que se torre un pouco por enriba.

                                                         




    


 

 Podedes tomalo como acompañamento ou ben como prato único, cunha ensalada.






























mércores, 9 de setembro de 2015

Parrochiñas Afogadas

(Boquerones)

Facía moitos anos que non comía este guisote, dende que era moi cativa, e lembro que era un xantar polo cal non sentía moito aprecio.
Agora que, cos anos,  teño outra visión das cousas paréceme un plato riquísimo.
Probádeo.

INGREDIENTES



500 gr de parrochas (boquerones).
4 patacas grandes.
2 tomates grandes.
1 cebola grande.
Viño blanco.
Aceite.
Pementa negra.
Sal.
Prixel.
Caldo de peixe.(foumet de pescado)


PREPARACIÓN


Cortamolas patacas do xeito que vemos na foto, en redondo. Poñémolas no pote.
Facemos o mesmo coas cebolas, poñendo unha capa enriba das patacas.
Cortamolos tomates en lascas e poñemolos enriba das cebolas.
De seguido colocamos unha capa de parrochas,( se queremos podemos sacarlle as espiñas, como se fai para poñelas en vinagre).
Colocamos varias capas, rematando cunha capa de parrochas. Poñemos  pementa, prixel, aceite de oliva e un chisco de viño blanco.
Engadimos  o caldo depeixe, cubrindo todo.
Poñemos ó lume e cando rompa a ferver, baixamos a intensidade. Deixámolo uns 45 minutos. Se é preciso engadimos un pouco máis de caldo, tendo coidado de que non quede moi  líquido.















luns, 7 de setembro de 2015


Cronuts Caseros, Entre el Croissant y la Berlina


Hoy he realizado estos cronuts.
Las fotos son de lo que yo he hecho.
Os dejo el enlace de la receta que he seguido.
 






He seguido la receta y los he pasado por la sartén, pero creo que el horno les puede dar un toque distinto.
La próxima vez los hornearé.


                                                                                                       


domingo, 6 de setembro de 2015

Chips de mazá


¡Adorei!

Había na casa unhas mazás que estaban a enrugarse. Parecíame que era unha magoa ter que tiralas no lixo,
se non se comían en poucos días.
Entón, alguén buscou que facer, e velaiqui o resultado.
-Cortamos as mazás en lamelas o máis finas posibel.
 
-Prequentamos o forno a 180º.

-Colocamos as lamelas nunha placa de forno cuberta 
con papel sulfurado e poñemos un chisco de zucre so-
bor das lamelas.

-Metémolas no forno ata que estean douradas.

Nova creación


Esta peza leva tempo comenzada. Chegou o verán e as ganas de tecer abandoáronme.

Sempre me resulta máis agradable tecer en tardes de outono ou inverno, cando estou arrecadada do frio e da choiva.

Por se interesa poño os pasos a seguir en este punto de fantasía.

PUNTO DE FANTASÍA
Para a simetía do punto precisamos un nº de puntos múltiplo de 4+3+1 punto de orilla pros bordes.
1ª v.(dereito da labor) 5ª e 11ªv. tecer ó revés.
v e todalas v. pares tecelas do revés.
v.1p.orilla *3 p. ó revés, 1 p. ó dereito *; repetir de * a* e rematar con 3 p. ó revés, 1p. de orilla.
7ª v. 1p. de orilla * 3 p. ó revés, 1 p. quintuple ó dereito( facer 1 p. ó dereito  picando coa agulla dereita 4 v. máis abaixo do punto que temos que tecer); repetir de * a *; rematar con 3 p. ó revés; 1 p. de orilla.
9ª v. 1 p. orilla, * 1 p. ó revés, 1p. ó dereito, 2 p. ó revés; repetir de * a * e rematar con un punto ó revés, 1p. ó dereito, 1 p. ó revés, 1 p. de orilla.
13ª v. 1 p. de orilla, * 1 p. ó revés, 1p. quintuplo ó dereito, 2p. ó revés *; repetir de * a * ,rematar cun p. ó revés, 1 p. quintuplo ó dereito, 1 p. ó revés , 1 p. de orilla.
Repetir sempre da 3eira á 14v.

Xurelos




 ¿ Que vos parece? Teñen boa pinta, non si?
  Xureliños de tempada, peixe rico e saudable.
  As veces na casa queíxanse porque teñen moi-
  ta espiña. A solución pasa por abrilos pola me-
  tade e con paciencia retirárllela. Se non tedes
  moita práctica, sempre lle podedes pedir á pes-
  cantina ou ó pescantín que volo fagan.
  Poñemos sal, pimenta, allo ( ó  gusto) e pasá-
  molos pola tixola.
  Como acompañamento, uns cachelos ou unha 
  ensalada. Ainda que non hai impedimento para
  poñer ambalas dúas cousas.


  (¿Qué os parece? ¿Tienen buen aspecto, verdad?
  Jurelos de temporada, pescado rico y saludable.
  A veces en casa se quejan porque tienen mucha 
  espina. La solución está en abrirlos por la mitad
  y , con paciencia, retirársela. Si no tenéis mucha 
  práctica,  siempre le podéis pedir a la pescadera
  o pescadero que os lo hagan.
  Ponemos sal, pimienta,ajo (al gusto) y los pasa-
  mos por la sartén.
  Como acompañamiento, unas patatas cocidas o
  una ensalada. Aún que no hay ningún impedimen-
  to para poner las dos cosas.)