mércores, 15 de xaneiro de 2014

Cookies de chocolate

Estas son as miñas cookies. Ricas, ricas!
Feitas con fariña de trigo e avea peneiradas, azucre moreno e boliñas de chocolate son ideais para unha dieta de pracer e bon gusto.

Se queredes gozar delas, podedes pedilas a través do correo electrónico: tcotrofe@gmail.com

Se preferides pasar un bo rato cocinando, aquí tedes a receita:

Nun bol cremar 200 g. de manteiga con outros tantos de azucre branco e moreno, engadir dous ovos, un a aun, mesturando ben. De seguido engadimos 300 g. de fariña, 1/2 cullerada de sal, unha de bicarbonato, unha de vainilla e outra de levadura en po. Mesturamos e incorporamos 200 g, de avea e os anacos de chocolate.
Finalmente, formamos boliñas que colocaremos nunha bandexa con papel de forno, procurando deixar un espazo entre elas.
Enfornar a 190º durante 10´ou 15´, até que estean algo douradas e...
Bon proveito!!!