luns, 31 de marzo de 2014

No meu curruncho, tecendo e pensando na primavera, que hai que esperar ata o verán, decidín rematar os traballos de inverno con esta mostra! Espero que vos guste! As posibilidades son todas as que desexedes, xa o sabedes!

domingo, 2 de marzo de 2014

Pantallas, peliqueiros, boteiros, xenerais e xentes de folión, feliz entroido!
  

Pantallas, peliqueiros, boteiros, xenerais e xentes de folión, feliz entroido!!!


Queredes saber cales son os ingredientes para facer estas riquísimas orellas?


          Tomade nota:

Un kilo de fariña
6 ovos
Unha pizca de levadura
A ralladura dun limón
Un  bó chorrete de anis ( mellor que esencia, ainda que se pode facer ó gusto)
Un pouco de aceite de oliva
Azucre
Sal
Manteiga

Mezclade todos estes ingredientes e amasade a conciencia, quero decir que a masa debe estar ben traballada, se queredes conseguir un bó resultado.
De seguido, facede pequena bolas, para que así as orellas sexan dun tamaño semellante.
Estirade cada unha delas tanto como poidades, canto máis finas as consigades facer mellor.
Fritir en abundante aceite, escorrer o esceso de graxa e espolvorear con azucre moi fino (glass).
.