xoves, 10 de setembro de 2015

Arroz ó forno

Arroz con verduras ó forno

   INGREDIENTES

2 vasos de arroz.
2 puerros grandes.
4 zenorias .
150 gr de tirabeques.
150 gr de chícharos.
1 cebola mediana.
2 dentes de allo.
Sal.
Aceite.
Orego
Tomilo
Cúrcuma.
Caldo de verduras


PREPARACIÓN


Sofritimos a cebola cortada en xuliana, e a continuación incorporamos o allo laminado.
Unha vez peladas as zenorias, cortámolas. Se queremos, podemos laminalas co mesmo pelador.
Engadimolos puerros troceados, e sofritimos todalas verduras.
Poñemos o arroz e deixamos que se torre un pouco.
De seguido, engadimolos chicharos e os tirabeques, e,  unha vez todo mesturado,cubrimos co caldo de verduras.
Poñemos sal e cúrcuma, e deixamos que rompa a ferver.
Dez minutos antes de que o araoz estéa a punto, metemolo no forno(previamente quente) e deixamos que se torre un pouco por enriba.

                                                         




    


 

 Podedes tomalo como acompañamento ou ben como prato único, cunha ensalada.






























Ningún comentario:

Publicar un comentario