domingo, 6 de setembro de 2015

Chips de mazá


¡Adorei!

Había na casa unhas mazás que estaban a enrugarse. Parecíame que era unha magoa ter que tiralas no lixo,
se non se comían en poucos días.
Entón, alguén buscou que facer, e velaiqui o resultado.
-Cortamos as mazás en lamelas o máis finas posibel.
 
-Prequentamos o forno a 180º.

-Colocamos as lamelas nunha placa de forno cuberta 
con papel sulfurado e poñemos un chisco de zucre so-
bor das lamelas.

-Metémolas no forno ata que estean douradas.

1 comentario: