mércores, 9 de setembro de 2015

Parrochiñas Afogadas

(Boquerones)

Facía moitos anos que non comía este guisote, dende que era moi cativa, e lembro que era un xantar polo cal non sentía moito aprecio.
Agora que, cos anos,  teño outra visión das cousas paréceme un plato riquísimo.
Probádeo.

INGREDIENTES



500 gr de parrochas (boquerones).
4 patacas grandes.
2 tomates grandes.
1 cebola grande.
Viño blanco.
Aceite.
Pementa negra.
Sal.
Prixel.
Caldo de peixe.(foumet de pescado)


PREPARACIÓN


Cortamolas patacas do xeito que vemos na foto, en redondo. Poñémolas no pote.
Facemos o mesmo coas cebolas, poñendo unha capa enriba das patacas.
Cortamolos tomates en lascas e poñemolos enriba das cebolas.
De seguido colocamos unha capa de parrochas,( se queremos podemos sacarlle as espiñas, como se fai para poñelas en vinagre).
Colocamos varias capas, rematando cunha capa de parrochas. Poñemos  pementa, prixel, aceite de oliva e un chisco de viño blanco.
Engadimos  o caldo depeixe, cubrindo todo.
Poñemos ó lume e cando rompa a ferver, baixamos a intensidade. Deixámolo uns 45 minutos. Se é preciso engadimos un pouco máis de caldo, tendo coidado de que non quede moi  líquido.















Ningún comentario:

Publicar un comentario