domingo, 6 de setembro de 2015

Nova creación


Esta peza leva tempo comenzada. Chegou o verán e as ganas de tecer abandoáronme.

Sempre me resulta máis agradable tecer en tardes de outono ou inverno, cando estou arrecadada do frio e da choiva.

Por se interesa poño os pasos a seguir en este punto de fantasía.

PUNTO DE FANTASÍA
Para a simetía do punto precisamos un nº de puntos múltiplo de 4+3+1 punto de orilla pros bordes.
1ª v.(dereito da labor) 5ª e 11ªv. tecer ó revés.
v e todalas v. pares tecelas do revés.
v.1p.orilla *3 p. ó revés, 1 p. ó dereito *; repetir de * a* e rematar con 3 p. ó revés, 1p. de orilla.
7ª v. 1p. de orilla * 3 p. ó revés, 1 p. quintuple ó dereito( facer 1 p. ó dereito  picando coa agulla dereita 4 v. máis abaixo do punto que temos que tecer); repetir de * a *; rematar con 3 p. ó revés; 1 p. de orilla.
9ª v. 1 p. orilla, * 1 p. ó revés, 1p. ó dereito, 2 p. ó revés; repetir de * a * e rematar con un punto ó revés, 1p. ó dereito, 1 p. ó revés, 1 p. de orilla.
13ª v. 1 p. de orilla, * 1 p. ó revés, 1p. quintuplo ó dereito, 2p. ó revés *; repetir de * a * ,rematar cun p. ó revés, 1 p. quintuplo ó dereito, 1 p. ó revés , 1 p. de orilla.
Repetir sempre da 3eira á 14v.

Ningún comentario:

Publicar un comentario